martes, 3 de marzo de 2026

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

         Estes dous últimos mércores tivemos no centro unha CHARLA E TALLER DE NUTRICIÓN  para 3º Educación Primaria, gracias ao Centro de Saúde de Novo Mesoiro

O alumnado aprendeu a importancia do Plato Harvard, ler as etiquetas dos alimentos e condutas a evitar na alimentación.


MOITAS GRAZAS AO PERSOAL DO C.S. MESOIRO!!

(Picade na imaxe)

lunes, 2 de marzo de 2026

CIRCUÍTO CORUÑA CORRE 2026

 Desde o Concello da Coruña infórmannos que está aberto o prazo de inscrición na XIII Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.

 

As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse de maneira individual. A inscrición de menores é de balde.

 

O Circuíto comezará o vindeiro sábado 14 de marzo coa XIV Carreira Popular da Torre, esta proba volverá contar cunha andaina solidaria polo día da Muller.

 

Deixamos o enlace para a inscrición. 

(Picade na imaxe)




viernes, 30 de enero de 2026

CARREIRA SOLIDARIA

  Hoxe 30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, fixemos a carreira solidaria a favor da ONGD "Por qué non?".  Desde o centro, queremos agradecer a colaboración da asociación, o esforzo do alumnado e as aportacións das familias.

    Con esta actividade axudamos a construír un mundo máis xusto e tolerante.

MOITAS GRAZAS !!!!



(Picade no cartaz)


martes, 9 de diciembre de 2025

CAMPAMENTO DE NADAL ESGRIMA 100TOLOS

  Compartimos a información do Campamento de esgrima do Clube 100Tolos, onde haberá esgrima, xogos deportivos, tiro con arco, pistolas láser, sable láser e badminton. 



jueves, 4 de diciembre de 2025

AGASALLO ACTIVO 2025

 Neste mes de NADAL, onde tod@s recibiremos agasallos dos Reis Magos, Papa Noel ou o Apalpador...; MESOIRIÑO quérenos aconsellar pedir algo para levar unha vida activa e saudable. Aquí tedes algunhas recomendacións.

AGASALLA SAÚDE!!!



lunes, 17 de noviembre de 2025

MOCHILA ACTIVA

 Hoxe saen as MOCHILAS ACTIVAS DE MESOIRIÑO, en Educación Infantil. Trátase dunha iniciativa para promover a actividade física e a lectura en familia. Cada luns (ou inicio de semana) un/unha alumn@, levará a mochila para casa e a devolverá o seguinte luns. Na mochila levades un libriño coas instrucións a seguir.

QUE A DISFRUTEDE!!!!!



miércoles, 12 de noviembre de 2025

VIAXES AMARELLE FSF

 Onte tivemos a visita no centro de Laura e Sandra, xogadoras do clube VIAXES AMARELLE de fútbol sala feminino. Estiveron co alumnado de 4º e 5º de Primaria e convidan a probar este deporte a todas as nenas de 3º a 6º de Primaria.

    Deixamos a información para contactar co clube, por se estades interesad@s e unha serie de fotos.