miércoles, 30 de noviembre de 2022

CLUB ESGRIMA 100TOLOS

     Durante a semana pasada e ata hoxe, contamos nas sesións de Educación Física coa colaboración de Manel e Javier, adestradores do CLUB ESGRIMA 100TOLOS. Queren dar a coñeceros valores do seu deporte e convidarnos a adestrar con eles durante 1 mes de maneira gratuita.

    Os luns 5, 12 e 19 de decembro estarán no ximnasio do centro de 17:00 a 18:00 para quen quera probar.

    Deixamos unha serie de fotos picando na imaxe e o contacto para os que querades probar eses días ou consultar outros.

ANIMÁDEVOS!!!!



lunes, 21 de noviembre de 2022

MOCHILA ACTIVA

Hoxe saen as MOCHILAS ACTIVAS DE MESOIRIÑO, en Educación Infantil. Trátase dunha iniciativa para promover a actividade física e a lectura en familia. Cada luns un/unha alumn@, levará a mochila para casa e a devolverá o seguinte luns. Na mochila levades un libriño coas instrucións a seguir.

QUE A DESFRUTEDES!!!!!



sábado, 5 de noviembre de 2022

CARREIRA POPULAR NOVO MESOIRO

 O vindeiro domingo 27 de novembro terá lugar no barrio a CARREIRA POPULAR DE NOVO MESOIRO, dentro do circuito CoruñaCorre. Será a última proba do ano e deixamos un enlace para anotarvos, por se é do voso interese.

 Podedes ir dende os máis pequen@s ata os maiores da casa!!!!

ENLACE INSCRICIÓN