martes, 30 de noviembre de 2021

PROXECTO RECREOS DINÁMICOS E INCLUSIVOS

 Comeza a andar hoxe o "PROXECTO DE PATIOS DINÁMICOS E INCLUSIVOS", unha nova proposta do EQUIPO DE CONVIVENCIA,  que pretende fomentar os hábitos saudables, relacións sociais e a integración entre o noso alumnado. Deixámosvos o proxecto para que o coñezades e animamos ás familias a que apoien aos seus fill@s a participar nel.


domingo, 28 de noviembre de 2021

CARREIRA SAN SILVESTRE

 O vindeiro día 31 de decembro celebrarase na cidade a "SAN SILVESTRE CORUÑA", a carreira popular que pecha o ano, e pódese participar a partir dos 7 anos. Animánosvos a participar cos peques da casa, en familia, cos amigos.. e despedir o ano dunha forma activa e saudable. Aquí tedes a páxina onde podedes facer a inscripción: PÁXINA WEB

ANIMÁDEVOS!!!!



jueves, 11 de noviembre de 2021

BALONMANO LÍNEA 21

 Durante esta semana nas clases de Educación Física, recibimos a visita de Toño, Alex, Jorge e Jacobo, que son xogadores e adestradores no  BALONMANO LÍNEA 21. Este é o equipo de balonmano do barrio de Novo Mesoiro e viñeron a dar a coñecer o seu clube e invitar ao alumnado a entrenar con eles. 

Lembrade a importancia da actividade física para a nosa saúde

                                                         (Picade para ver máis fotos)