martes, 7 de febrero de 2023

RECADACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

 Hoxe fixemos entrega no banco da recadación conseguida na CARREIRA SOLIDARIA a favor de "Save the Children", o pasado 30 de xaneiro. Entre todo o centro xuntamos 1.545,30€, queremos dar grazas a todos/as os patrocinadores por facer un mundo un pouco máis xusto.


MOITAS GRAZAS!!!!




jueves, 2 de febrero de 2023

ATLÁNTICO PARTE DE TI

  Hoxe o alumnado de 5ºB disfrutou dunha actividade realiza co concello, denominada "ATLÁNTICO PARTE DE TI". Esta iniciativa pretende fomentar hábitos de vida saudables a través da actividade de vela. Dende o Marina Coruña, a rapazada navegou con diferentes embarcacións a vela pola contorna do porto e castelo de San Antón. Deixamos o enlace a páxina web onde hai escola de vela e navegación https://marinacoruna.es/

Pasaron unha gran xornada !!!

Picade na imaxe para ver as fotos da xornada.