martes, 23 de abril de 2024

CARREIRA ALTERNATIVA

 Este domingo 28 de abril celébrase ás 11:00 na Praza de María Pita,  a XXIX CARREIRA ALTERNATIVA. Pódese facer andando, correndo, en bici, patíns, patinetes, cadeira de rodas... e haberá diversas actividades. Déixovos a información por se é do voso interese.

É unha actividade de balde e de inscrición non obrigatoria!!!



viernes, 12 de abril de 2024

100TOLOS CLUB DE ESGRIMA

 Esta semana e a próxima, teremos a presenza nas clases de Educación física de 2° a 6° de Primaria, de  100TOLOS CLUB DE ESGRIMA. O alumnado coñeceu máis sobre este deporte olímpico de orixe español e foron invitados a probar un mes de balde neste deporte. 

Queremos agradecer ao clube a súa dedicación.



(Deixamos  unha serie de fotos picando na imaxe )


domingo, 7 de abril de 2024

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 O día 7 de abril, celebrouse o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, dentro do centro queremos resaltar a importancia da alimentación, exercicio e descanso na saúde do noso alumnado. Tamén queremos concienciar sobre o tempo de uso das pantallas e por iso  compartimos coa comunidade educativa este vídeo do Doutor Borja Bandera.