jueves, 23 de junio de 2022

DÍA DO DEPORTE NA CIDADE

 Este domingo 26 de xuño, o concello de A Coruña organiza o DÍA DO DEPORTE NA CIDADE, en 5 puntos diferentes. Se picades no cartaz, teredes a información.


ANIMÁDEVOS!!!!



miércoles, 22 de junio de 2022

CAMPAMENTO ESGRIMA

 Compartimos a información dun Campamento de esgrima do Clube 100Tolos, onde haberá esgrima, tiro con arco, pistolas láser, sables de luz, visitas a museos e moito máis. 

Aproveitamos para desexarvos felices vacacións e lembrade manter durante o verán eses hábitos de vida saudables  tan importantes para a vosa saúde.

FELIZ VERÁN!!!!


viernes, 3 de junio de 2022

PASEO NO RECREO

 Durante as vindeiras semanas faremos a proposta: "PASEO NO RECREO" unha saída pola contorna do colexio, para disfrutar, respectar e coñecer a natureza que temos tan preto.

O profesorado avisaravos do día, pois dependemos da climatoloxía. 




RECICLAXOGO

 O día 5 xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e desde o colexio faremos unha actividade de reciclado, na área de Educación Artística, de materiais comúns que soemos ter na casa, para convertilos en xogos e practicar nos recreos e na área de Educación Física.

Esperemos que o alumnado aumente así o seu tempo de actividade física e aprenda a coidar un pouco máis o noso medio ambiente.