jueves, 10 de febrero de 2022

CRAT RUGBY

 Esta semana de 3º a 6º de Primaria tivemos a visita ao centro de Marina, Estela, Isabel, Mónica e Elena, xogadoras do CRAT de Rugby para dar a coñecer os valores do seu deporte e do seu clube. Invitaron ao alumnado que queira ir, a probar o deporte e entrenar.

Deixamos o enlace da páxina web no clube https://cratcoruna.com/.

Queremos agradecer o seu interese e labor realizada no centro.

MOITAS GRAZAS!!!

(Picade na imaxe para ver máis fotos)

ATLÁNTICO PARTE DE TI

 Onte o noso alumnado de 5º de Primaria disfrutou dunha xornada de deportes acuáticos da man do deportista olímpico Jorge Maciel, grazas á actividade do concello "ATLÁNTICO PARTE DE TI", que pretende achegar aos centros educativos este tipo de deportes. Tiveron a oprtunidade de realizar vela e windsurf na praia de Oza. Deixamos unha serie de imaxes picando na foto.




lunes, 7 de febrero de 2022

MOCHILAS ACTIVAS

 Esta semana comezamos con una nova iniciativa para o alumnado de Educación Infantil, para fomentar a actividade física en familia. Trátase da  "MOCHILA ACTIVA", qué unha mochila con material para xogar que se entregará no colexio os luns para que volva o xoves e os xoves para volva os luns. As mochilas constan de: 

  • 4º Infantil: corda, zancos e saquiño.
  • 5º Infantil: corda, zancos e pelota cometa.
  • 6ºInfantil: corda, pelota cometa e cesta con pelota.
Esperemos que pasedes un rato agradable e divertido en familia.

A XOGAR!!!




viernes, 4 de febrero de 2022

DOAZÓN SAVE THE CHILDREN

 Compartimos con vos a doazón que enviamos desde o centro á ONG "Save the Children" grazas as aportación dos patrocinadores/as da carreira "Kilómetros de Solidariedade" celebrada o venres 28 de xaneiro.



miércoles, 2 de febrero de 2022

CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

 O pasado venres con motivo do "Día da Paz e Non Violencia" que se celebra cada 30 de xaneiro, fixemos a nosa 1ª Carreira "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" a favor da ONG "Save The Children", para axudar co problema de desnutrición no Corno de África. Queremos agradecer a todos os/as patrocinadores/as que contribuiron coa súa aportación a recadar 1055,70€  entre todo o colexio.

Deixamos algunhas fotos e vídeos como mostra da xornada. (Picade na imaxe)


MOITAS GRAZAS!!!!!