miércoles, 26 de abril de 2023

CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS

   Onte os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria, tivemos a visita de Federico De La Fuente (Xefe de Protección Civil de A Coruña), para dar unha charla de "PRIMEIROS AUXILIOS" e aprendimos a:

  • Chamada ao 112 en caso de emerxencia.
  • Protocolo PAS (Proxeter- Avisar- Socorrer).
  • PLS (Posición Lateral de Seguridade).
  • Maniobra de Heimlich (en caso de atragantamento).
Esperemos que o alumnado aprendera a como actuar nun caso de emerxencia, deixamos unha fotos picando na imaxe.

MOITAS GRAZAS FEDE!!! 



viernes, 21 de abril de 2023

DEFR 2023

 Durante a mañá de hoxe, levouse a cabo na Praza de María Pita o DEFR 2023 (Dia da Educación Física na Rúa). O alumnado de 5º de educación primaria pasou unha xornada de convivencia xunto a outros centros da cidade co obxetivo de dar visibilidade á área de Educación Física e poñer en manifesto a súa importancia a nivel cognitivo, físico e social.

    Este ano  os protagonistas foron os deportes alternativos e fixeron Kinball, Noqball, Datchball e Rugby Tag. Deixamos algunhas imaxes da xornada, picade no cartaz.  

MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO E PROFESORADO PARTICIPANTE!!!