lunes, 11 de marzo de 2024

CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CORUÑA CORRE

 Desde o Concello da Coruña infórmannos que está aberto o prazo de inscrición na XI Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.

 

As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse de maneira individual. A inscrición de menores é de balde.

 

O Circuíto comezará o vindeiro sábado 23 de marzo coa XII Carreira Popular da Torre, esta proba volverá contar cunha andaina conmemorativa polo día da Muller.

 

Deixamos o enlace para a inscrición. (Picade na imaxe)




lunes, 4 de marzo de 2024

XORNADA DEPORTE ADAPTADO

     O alumnado de 6º de primaria tivo onte un encontro provincial de DEPORTE ADAPATADO coa asociación PROXECTO ENKI. Nesta xuntanza coñeceron diversos deportes e deportista con diversidade funcional (esgrima, judo, tenis de mesa, boccia, ciclismo, tenis, atletismo e softball) e puideron vivenciar as dificultades que teñen estes deportes e a vida destas persoas.

Con este tipo de actividades pretendemos lograr un deporte máis inclusivo e unha sociedade máis xusta.

       Deixamos unha serie de fotos picando na imaxe.