sábado, 11 de diciembre de 2021

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

 O concello de A Coruña, vai abrir o prazo da convocatoria extraordinaria nas actividades das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS . Deixamos o enlace por se queredes apuntar aos vos@s fill@s e demais familia (a idade de participación é a partir de 6 anos ata adultos). 




ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!






jueves, 9 de diciembre de 2021

AGASALLO ACTIVO

 Agora que estamos preto da época de NADAL, onde tod@s escribiremos unha carta de agasallos aos Reis, Papa Noel ou  O Apalpador...; MESOIRIÑO quérenos dar un consello para que pidamos polo menos un agasallo que contribúa a unha vida activa e saudable . Aquí tedes unhas recomendacións.

FACÉDELLE CASO A MESOIRIÑO!!!!




jueves, 2 de diciembre de 2021

VISITA DE DEPORTISTAS

 Esta semana tivemos no noso centro a dous grandes deportistas, que quixeron compartir connosco a súa historia, o seu espíritu de superación, esforzo e humor.  Estiveron MARTÍN VARELA (tenista en cadeira de rodas que chegou a estar no Top 30 Mundial) e IVÁN MONTERO (corredor do Paraciclismo Galicia, equipo coruñés de ciclismo adaptado do Club Ciclista Riazor, que está loitando por ter unha praza nas Olimpiadas de París 2024). 

O alumnado fixo unha entrevista aos deportistas e despois tivo a oportunidade de andar en cadeira de rodas, desde aquí queremos agradecer aos deportistas a súa dedicación e aos seus axudantes Sergio, Lucía e Jesús. (Picade na foto e no enlace)

MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE!!


NOTICIA LA VOZ DE GALICIA