martes, 22 de junio de 2021

BO VERÁN

 Rematamos hoxe este curso 2020/2021 e imos de vacacións ata setembro. Pero lembrade non deixar de lado os vosos HÁBITOS SAUDABLES e seguide levando:

  • Unha boa alimentación (tomade froitas e verduras habitualmente).
  • Ter un bo descanso (durmir entre 9-10 horas).
  • Facede actividade física (saide a xogar ao parque, praias..; montade en bici, patinete, monopatíns..).
MESOIRIÑO quere que o pasedes moi ben e espéravos á volta de vacacións con novas propostas.








              


miércoles, 9 de junio de 2021

PROXECTO ANCAS

    Comezamos un novo Proxecto este tramo final de curso, coa idea de implantalo o curso 2021/2022. Trátase do PROXECTO ANCAS (asociación de nenos camiñantes por un ambiente sostible e seguro) impulsado polo concello de A Coruña e Stop Accidentes.

    Esta é unha iniciativa educativa que incorpora a práctica de hábitos saudables e valores de convivencia a través de pautas de seguridade vial, para lograr un entorno urbano máis saudable, seguro e sostible na nosa cidade.

    Pretenden establecer recorridos escolares seguros, evitar uso de vehículos e promover o desprazamentos andando ou en bici de forma autónoma.

    Para isto instalamos un APARCADOIRO DE BICIS (o carón da porta de entrada ao colexio), orientado para o alumnado de 5º e 6º (se algunha familia de outros cursos está interesada pode facer uso igualmente). Se algunha familia desexa empregar este servicio poñédevos en contacto, indicando nome e curso do alumn@, no correo:
 
                                            ceip.novomesoiro@edu.xunta.gal



viernes, 4 de junio de 2021

ATHLETIC CORUÑA HOCKEY CLUB

 Esta semana e a anterior tivemos a visita para primaria de Alberto, Guadalupe e Javier; xogadores e entrenadores no ATHLETIC CORUÑA HOCKEY CLUB, un clube de Hockey herba e sala da cidade. Aprendimos a técnica básica do deporte: como coller o stick, golpeo, pase e conducción, o equipamento a empregar..e invitaron ao alumnado a ir os venres do mes de xuño a entrenar (prestan o material) no Campo Municipal de A Torre. 

Tedes a información e número de contacto nas invitacións que levaron os nen@s, quédanos agradecer a Yolanda, nai dun rapaz do colexio que contactou co clube e ó propio clube pola súa disposición e gañas de fomentar o deporte entre o noso alumnado.


ANIMÁDEVOS A PROBAR!!!!!