jueves, 19 de marzo de 2026

RECADACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

   Queramos mostrar o noso agradecemento ás familias do alumnado do centro, pola recadación conseguida na V Carreira Solidaria a favor da ONG "¿Por qué no?". 

MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!!!




martes, 10 de marzo de 2026

PRIMEIROS AUXILIOS

 Hoxe os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria, tiveron a visita de varios profesionais sanitarios do C.S. Novo Mesoiro, para dar unha charla de "PRIMEIROS AUXILIOS" e aprendimos a:

  • Chamada ao 112 en caso de emerxencia.
  • RCP (Reanimación Cardio Pulmonar).
  • Maniobra de Heimlich (en caso de atragantamento).
Esperemos que o alumnado aprendera a como actuar nun caso de emerxencia, deixamos unha fotos picando na imaxe.

MOITAS GRAZAS



martes, 3 de marzo de 2026

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

         Estes dous últimos mércores tivemos no centro unha CHARLA E TALLER DE NUTRICIÓN  para 3º Educación Primaria, gracias ao Centro de Saúde de Novo Mesoiro

O alumnado aprendeu a importancia do Plato Harvard, ler as etiquetas dos alimentos e condutas a evitar na alimentación.


MOITAS GRAZAS AO PERSOAL DO C.S. MESOIRO!!

(Picade na imaxe)

lunes, 2 de marzo de 2026

CIRCUÍTO CORUÑA CORRE 2026

 Desde o Concello da Coruña infórmannos que está aberto o prazo de inscrición na XIII Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.

 

As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse de maneira individual. A inscrición de menores é de balde.

 

O Circuíto comezará o vindeiro sábado 14 de marzo coa XIV Carreira Popular da Torre, esta proba volverá contar cunha andaina solidaria polo día da Muller.

 

Deixamos o enlace para a inscrición. 

(Picade na imaxe)