jueves, 29 de septiembre de 2022

PROGRAMA ANUAL DE NUTRICIÓN

 Comezamos hoxe un novo Proxecto no centro a través dos Contratos- Programa Innova desenvolvida desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade que vai proporcionar ao noso centro estratexias de mellora da calidade do ensino.

Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo fomentar unha alimentación saudable no alumnado e na que faremos unha charla mensual coa nutricionista Yareth Hernández Acosta do equipo https://sanaelhoy.com/

Nesta xornada aprendemos sobre os diferentes macronutrientes, o plato Harvard, almorzos saudables...
Cada mes informaremos sobre as actividades realizadas.









viernes, 23 de septiembre de 2022

BALONMANO LÍNEA 21

  Durante esta semana nas clases de Educación Física, de 2º a 6º de Primaria, recibimos a visita de adestrador@s do  BALONMANO LÍNEA 21. Este é o equipo de balonmán do barrio de Novo Mesoiro e viñeron a invitar ao alumnado a entrenar con eles no pavillón ou a animarse a apuntarse a acividade extraescolar que pretenden poñer a funcionar no centro, a través da ANPA

Deixamos unha serie de imaxes, os seus contactos e o enlace a súa páxina web.

PÁXINA WEB BALONMANO LÍNEA 21

(Picade na imaxe)


jueves, 15 de septiembre de 2022

CURSO DE ESGRIMA CON 100TOLOS

 O clube de esgrima 100TOLOS invita ao alumnado do noso colexio, a partir dos 6 anos, a probar de balde o seu deporte durante o mes de setembro e outubro.

 Tedes toda a información e contactos no cartaz.



 PROBADE!!!!!

lunes, 12 de septiembre de 2022

DÍA DA BICICLETA

Este domingo 18 de setembro de 10:30 a 14:30 celébrase na Praza de María Pita o DÍA DA BICICLETA. 


É unha estupenda oportunidade para gozar dun día de deporte en familia. Deixamos un enlace por si a actividade é do voso interese.

BENVIDA CURSO 2022/2023

Comezamos o curso 2023/2023 e MESOIRIÑO quere darvos a benvida e aconséllavos que sigades cuns Hábitos de Vida Saudables. Para isto seguimos coa proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.



A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga. 

Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana e ten como obxetivo ter ao centro educativo como un lugar de ALIMENTACIÓN SAUDABLE. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.

BO COMEZO DE CURSO!!!!!!