viernes, 30 de abril de 2021

DEFC 2021

 O mércores 28 de abril celebrouse a nivel nacional o "Día de la Educación Física en la Calle /Colegio/ Casa" e o CEIP  Novo Mesoiro uniuse a iniciativa durante toda a semana.  

O obxetivo é visibilizar a importancia da área de Educación Física na aprendizaxe das relacións sociais, valores personais, hixiene, condición física, responsabilidade, creatividade, hábitos saudables e mentais, intelixencia emocional...

Nesta ocasión fixemos unha actividade de Plogging, que é unha iniciativa que mezcla ecoloxía e deporte, consiste en facer un percorrido andando ou correndo e limpar o lixo da zona pola que pasamos.


Gracias ao alumnado do "CEIP Novo Mesoiro", a veciñanza do barrio de Novo Mesoiro ten o "CAMIÑO DO CONVENTO" mais limpo. 

Disfrutade do voso tempo de lecer con HÁBITOS SAUDABLES.

viernes, 23 de abril de 2021

MES DA ACTIVIDADE FÍSICA EN FAMILIA

 Aquí tedes o vídeo feito coas vosas achegas, do "MES DA ACTIVIDADE FÍSICA EN FAMILIA".

Queremos resaltar a importancia da familia na adquisición de hábitos de vida saudables  e lembrar a relevancia da imitación na aprendizaxe por parte dos nen@s.



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!

viernes, 16 de abril de 2021

BALONMANO LÍNEA 21

 Durante esta semana recibimos a visita de Lolo, Hugo, Toño, Miguel e Natalia; entrenadores/a do BALONMANO LÍNEA 21, para dar a coñecer o deporte do balonmán e convidar ao alumnado a coñecer o seu clube e fomentar así un ocio saudable.

Animamos ao alumnado que queira, a probar este espectacular deporte nun clube do noso barrio.


Picade na foto para ver mais imaxes.


MOITAS GRAZAS AO CLUBE E ANIMÁDEVOS A XOGAR!!!

Lembramos que tedes ata o 22 de abril para facer as vosas achegas sobre o "Mes da Actividade Física en Familia".

jueves, 8 de abril de 2021

TALLER PRIMEIROS AUXILIOS

     Hoxe para os cursos de 3º e 4º, tivemos a visita de Fernando e Belén, profesionais sanitarios e pai de dúas nenas e nai dunha nena do centro, respectivamente. Viñeron a facer un taller de "PRIMEIROS AUXILIOS" e aprendimos a:

  • Seguir mantendo as medidas frente a Covid-19 co acrónimo DIMAMA: (distancia de seguridade, lavado de mans e uso de máscara).
  • Chamada ao 112 en caso de emerxencia.
  • Maniobra de Heimlich.
  • RCP (Reanimación cardiopulmonar).
Deixamos a presentación empregada para a explicación:


Picade na imaxe para ver unhas fotos do día.




MOITAS GRAZAS Fernando e Belén, polo día que nos fixeches pasar!!!


miércoles, 7 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 Hoxe, 7 de abril, a OMS (Organización Mundial da Saúde) celebra o Día Mundial da Saúde e Mesoiriño quere darnos unha mensaxe clara: "Leva un Estilo de Vida Saudable"; basado en:

  • Facer actividade física.
  • Comer saudable.
  • Durmir ben.
    Seguir estos consellos axúdanos a aumentar a nosa enerxía, evitar enfermedades, mellorar o humor e autoestima, baixar o nivel de estrés e ansiedade, ser mais felices...

    Como vemos son unha gran cantidade de beneficios.


SEGUIDE OS CONSELLOS DE MESOIRIÑO!!!!!