martes, 12 de enero de 2021

AS MERENDAS DE MESOIRIÑO

 Bo ano a tod@s, comezamos este 2º Trimestre cunha proposta para mellorar os HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES, no tocante á alimentación. Despois dos excesos navideños toca coidarse, por iso propoñemos unha serie de opcións saudables para traer como merendas ao colexio.


  • Recomendamos traer sempre AUGA para beber por ser a opción máis saudable.
  • Non son recomendables os zumes envasados, batidos, refrescos, embutidos, bolería e galletas industrais polo seu exceso de sal ,azucre e/ou graxas saturadas.
  • Recomendamos traer as merendas en envases de varios usos (tuppers, portabocadillos reutilizables..)
  • Lembrade que son recomendacións que facemos para mellorar a saúde do alumnado, pero non é obligatorio.