martes, 30 de enero de 2024

III CARREIRA SOLIDARIA

 Hoxe 30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, fixemos unha carreira solidaria a favor da ONGD "Por qué non?".  Desde o centro, queremos agradecer a colaboración da asociación, o esforzo do alumnado e as aportacións das familias.

 Durante a carreira estiveron Lorena en representación da asociación e Cecy, a primeira bolseira universitaria que ven de Guatemala a realizar as súas prácticas de enfermería na nosa cidade.

    Con estas actividades axudamos a construír un mundo máis xusto.

MOITAS GRAZAS !!!!

(Picade no cartaz)

jueves, 18 de enero de 2024

PARTIDO CRAT RUGBY

Este sábado día 20 de xaneiro ás 16:00 terá lugar no Estadio Universitario do Campus de Elviña un partido de rugby femenino entre o Crat e Salvador. Será a xornada 6ª da Liga Iberdrola, da que as xogadoras locais van líderes. Deixamos o cartaz do partido e as entradas que se poden ensinar no móvil para acceder ao partido.

FORZA CRAT!!!




CHARLA ENKI

 Hoxe tivemos a visita para 6° de dous deportistas da ASOCIACIÓN ENKI. Queremos dar a grazas a Aída, Ángel e Dani por contarnos as súas experiencias.  Dita asociación sen ánimo de lucro axuda a persoas con diversidade funcional a través do deporte e o ocio. Deixamos o enlace a súa páxina web (ENKI), se queredes coñecelos e un album de fotos picando na imaxe.

 MOITAS GRAZAS A ENKI