viernes, 29 de abril de 2022

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 Hoxe celebramos con 3º e 4º de Primaria o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA (DEFR) na Praza de María Pita, xunto a 5 centros educativos da cidade. Pasamos unha xornada festiva facendo unha sesión de EF na rúa, coñecendo á alcaldesa e concelleiro de educación e  escoitando discursos da rapazada a prol da importancia da área a nivel intelectual, social, físico e emocional.

Queremos agradecer a implicación de Brais, Karina e Antía, alumnado da Universidade de A Coruña e futuros docentes.

Deixamos unha serie de fotos e vídeos picando na imaxe.




miércoles, 27 de abril de 2022

COPA DE LA REINA RUGBY 7

 Durante esta fin de semana na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, celebrarase a COPA DE LA REINA RUGBY 7 e o C.R.A.T. A Coruña quere invitar a comunidade educativa do CEIP Novo Mesoiro a presenciala en directo. 

Ademais se alguén está interesado en probar o deporte tedes os datos de contacto no cartaz.

ÁNIMO C.R.A.T.!!!


martes, 26 de abril de 2022

ESCALADA

 No día de hoxe o alumnado visitou o Rocódromo de Riazor da man de AMI (Agrupación de Montañeiros Independentes) e fixeron unha actividade de escalada e aprenderon moito sobre o mundo do montañismo. Deixamos a páxina web da súa agrupación:https://amimontanismo.es/,  por si queredes contactar con eles e unha sería de fotos sobre a actividade. 

MOITAS GRAZAS A AMI POLA ACTIVIDADE!!!



jueves, 7 de abril de 2022

S.D. AS XUBIAS

 A S.D. AS XUBIAS de Piragüismo estivo no centro para dar a coñecer o seu clube e deporte. Deron unha charla para os cursos de 3º, 4º e 5º de Primaria, na que tiveron ocasión de mostrar as súas embarcacións, ensinar técnicas e animar a probar o piragüismo con eles nesta Semana Santa. 

Deixamos os datos de contacto e picando na imaxe enlazades con fotos da actividade.

MOITAS GRAZAS S.D. AS XUBIAS!!!



ATLÁNTICO PARTE DE TI

 Hoxe alumnado de 6º de Primaria tivo a súa primeira toma de contacto co deporte da vela. A través do programa do concello "ATLÁNTICO PARTE DE TI", saíron a navegar do Real Club Náutico de A Coruña. Deixamos unhas imaxes e vídeos picando na imaxe.

A NAVEGAR!!!!



miércoles, 6 de abril de 2022

ALMORZO SAUDABLE EN FAMILIA

 Hoxe celébrase o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, que xira entorno a unha vida activa, alimentación saudable e descanso correcto. Para conmemoralo, propoñemos unha actividade: "ALMORZO SAUDABLE EN FAMILIA", na que podedes mandar unha foto do voso almorzo familiar, o máis saudable posible, ao correo: pvadnovomesoiro@gmail.com ata o 30 de abril. 

         BO PROVEITO!!!!!