Mostrando entradas con la etiqueta RECREOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECREOS. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de enero de 2021

AS MERENDAS DE MESOIRIÑO

 Bo ano a tod@s, comezamos este 2º Trimestre cunha proposta para mellorar os HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES, no tocante á alimentación. Despois dos excesos navideños toca coidarse, por iso propoñemos unha serie de opcións saudables para traer como merendas ao colexio.


  • Recomendamos traer sempre AUGA para beber por ser a opción máis saudable.
  • Non son recomendables os zumes envasados, batidos, refrescos, embutidos, bolería e galletas industrais polo seu exceso de sal ,azucre e/ou graxas saturadas.
  • Recomendamos traer as merendas en envases de varios usos (tuppers, portabocadillos reutilizables..)
  • Lembrade que son recomendacións que facemos para mellorar a saúde do alumnado, pero non é obligatorio.

lunes, 30 de noviembre de 2020

XOGOTECA

 Comezamos esta semana unha nova iniciativa que leva por título XOGOTECA. Cada aula ten un libriño con xogos sen material, realizado polo alumnado, para poder realizar voluntariamente durante o recreo.

O obxetivo é fomentar os hábitos de vida saudables e intentar chegar a eses 60 minutos diarios de actividade física que recomenda a OMS, para nen@s de 5 a 17 anos, e fomentar a autonomía grupal.

GRAZAS ao alumnado e ás familias pola vosa colaboración!!!!




miércoles, 11 de noviembre de 2020

XOGOTECA

Coa finalidade de dinamizar os Recreos, pretendemos crear unha "XOGOTECA" de aula, a partir das aportacións do alumnado de Primaria e na que poden colaborar as familias.
A idea é que cada alumno/a describa un xogo sen material que podan facer durante o recreo e entre toda a aula crear unha "Xogoteca", para poder levar a cabo nestes tempos de lecer.
Por iso, o alumnado de Primaria levará para casa un documento coma o da imaxe.



 MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!!!!!!