viernes, 27 de septiembre de 2024

CARREIRA POPULAR CORUÑA 10

 O vindeiro domingo 6 de outubro celébrase na nosa cidade a Carreira Popular Coruña10. Faranse carreiras adaptadas para os nenos/as e serán gratuitas para os menores de 18 anos.

 O prazo para apuntarse finaliza este próximo domingo día 29 de setembro.

Deixamos toda a información nestes enlaces:

 (www.carreirasgalegas.com(www.coruna.gal/carreiraspopulares/gl/coruna10/carreira-de-menores)




martes, 10 de septiembre de 2024

AS MERENDAS DE MESOIRIÑO

    Queremos darvos a BENVIDA ao curso 2024/2025MESOIRIÑO  aconséllavos ter uns Hábitos de Vida Saudables. Para isto seguimos coa proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.



    A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga

    Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana e ten como obxetivo ter ao centro educativo como un lugar de ALIMENTACIÓN SAUDABLE. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.

     Lembrade a importancia para a nosa saúde do TRIÁNGULO SAUDABLE:

  • Actividade física.
  • Alimentación saudable.
  • Descanso.