miércoles, 26 de febrero de 2025

RECADACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

  Queramos dar a grazas ás familias do alumnado do centro pola recadación conseguida na IV Carreira Solidaria a favor da ONG "¿Por qué no?". 

MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!!!


viernes, 14 de febrero de 2025

CLUB TRIATLÓN CORUÑA

 Durante esta semana, Dani do CLUB TRIATLÓN CORUÑA estivo no centro dando a coñecer o seu deporte e clube. O alumnado aprendeu o que é o triatlón, as diferenzas entre bicicleta de carrera e BBT,  as súas partes e poideron montarse nelas.

Convidou a todo o alumnado, de 6 a 12 anos a probar un mes gratis na súa escola nas modalidades de triatlón, atletismo, natación ou ciclismo

Deixamos o formulario que entregou no centro e varias fotos, picando na imaxe.

               ANIMÁDEVOS A PROBAR E MOITAS GRAZAS DANI!!!!

FORMULARIO



martes, 4 de febrero de 2025

CIRCUÍTO CORUÑA CORRE 2025

 Desde o Concello da Coruña infórmannos que está aberto o prazo de inscrición na XII Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.

 

As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse de maneira individual. A inscrición de menores é de balde.

 

O Circuíto comezará o vindeiro sábado 15 de marzo coa XIII Carreira Popular da Torre, esta proba volverá contar cunha andaina solidaria polo día da Muller.

 

Deixamos o enlace para a inscrición. 

(Picade na imaxe)