miércoles, 18 de junio de 2025

DÍA DA BICICLETA

 A Coruña recupera despois de 15 anos o DÍA DA BICICLETA, o domingo 22 de xuño. A inscripción péchase o 20 de xuño ás 14:00. Deixamos o ENLACE coa noticia, na que ó final está o enlace para a inscripción.




HOCKEY CLUB CAMBRE

 Durante a semana pasada e esta, tivemos no centro a visita do HOCKEY CLUB CAMBRE, para a dar a coñecer o seu deporte e clube. Estiveron nas clases de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria.

Se algún alumn@ quere ir a probar este deporte deixamos o contacto e picando podedes ver unha serie de fotos da actividade.

FOTOS









martes, 10 de junio de 2025

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

  O vindeiro domingo 15 de xuño en horario de 11:00 a 14:00 e na contorna da Cidade Deportiva de Riazor, o concello de A Coruña celebra o XXXVIII DÍA DO DEPORTE NA RÚA.  Haberá  62 disciplinas deportivas. Deixamos un enlace coa información.




miércoles, 4 de junio de 2025

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

 Hoxe 5 xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e desde o colexio fixemos unha actividade de reciclado, na área de Educación Artística, de materiais comúns que temos no centro, para convertilos en xogos e practicar nos recreos e na área de Educación Física.

Esperemos que o alumnado aumente así o seu tempo de actividade física e aprenda a coidar un pouco máis o noso medio ambiente.