lunes, 17 de noviembre de 2025

MOCHILA ACTIVA

 Hoxe saen as MOCHILAS ACTIVAS DE MESOIRIÑO, en Educación Infantil. Trátase dunha iniciativa para promover a actividade física e a lectura en familia. Cada luns (ou inicio de semana) un/unha alumn@, levará a mochila para casa e a devolverá o seguinte luns. Na mochila levades un libriño coas instrucións a seguir.

QUE A DISFRUTEDE!!!!!



miércoles, 12 de noviembre de 2025

VIAXES AMARELLE FSF

 Onte tivemos a visita no centro de Laura e Sandra, xogadoras do clube VIAXES AMARELLE de fútbol sala feminino. Estiveron co alumnado de 4º e 5º de Primaria e convidan a probar este deporte a todas as nenas de 3º a 6º de Primaria.

    Deixamos a información para contactar co clube, por se estades interesad@s e unha serie de fotos.


miércoles, 5 de noviembre de 2025

CARREIRA DE NOVO MESOIRO

  Dentro do Circuíto de Carreiras Populares de A Coruña: "CIRCUÍTO CORUÑA CORRE", o vindeiro domingo 23 de novembro terá lugar a proba de NOVO MESOIRO.

Pinchando no cartaz tedes un enlace coa información do evento.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR PEQUEN@S E MAIORES!!