martes, 3 de marzo de 2026

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

         Estes dous últimos mércores tivemos no centro unha CHARLA E TALLER DE NUTRICIÓN  para 3º Educación Primaria, gracias ao Centro de Saúde de Novo Mesoiro

O alumnado aprendeu a importancia do Plato Harvard, ler as etiquetas dos alimentos e condutas a evitar na alimentación.


MOITAS GRAZAS AO PERSOAL DO C.S. MESOIRO!!

(Picade na imaxe)

lunes, 2 de marzo de 2026

CIRCUÍTO CORUÑA CORRE 2026

 Desde o Concello da Coruña infórmannos que está aberto o prazo de inscrición na XIII Edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.

 

As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse de maneira individual. A inscrición de menores é de balde.

 

O Circuíto comezará o vindeiro sábado 14 de marzo coa XIV Carreira Popular da Torre, esta proba volverá contar cunha andaina solidaria polo día da Muller.

 

Deixamos o enlace para a inscrición. 

(Picade na imaxe)