Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2026/2027. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2026/2027. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de septiembre de 2026

CLUB CICLISTA CORUÑÉS

 Durante esta semana, Dani e Verónica do CLUB CICLISTA CORUÑÉS estiveron no centro dando a coñecer o seu deporte e clube. O alumnado aprenderon as diferenzas entre bicicleta de carrera e BBT,  as súas partes e poideron montarse nelas.

Convidaron a todo o alumnado, de 6 a 12 anos a probar na súa actividade extraescolar no centro.

Deixaronnos a seguinte información:

Tenemos actualmente una Actividad en el cole através del ANPA, obligatorio ser socio:

Adjuntamos dos enlaces que son la inscripción en la Escuela y la autorización materna/paterna para poder realizar la licencia federativa en la Federación Galega de Ciclismo.

Si tenéis curiosidad en saber como se imparte la actividad os invitamos a los días de puertas abiertas, podeis venir 1 o 2 días, pero es obligatoria la inscripción para el seguro.

Enlace para la Inscripción Jornadas de Prueba: Lunes y Miércoles 18:30 a 19:30, Lugar Parking Torre de Hércules

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScLGnkw8vhmRs2i9eXQlIPsPQtpmqYSVGt2nG0veMt96_oe3A/viewform

Deixamos enlaces as súas RR.SS.

Instagram: https://www.instagram.com/clubciclistacorunes/

Facebook: https://www.facebook.com/share/14qGz8F4vEy/

 Tedes varias fotos picando na imaxe.

               ANIMÁDEVOS A PROBAR!!!



viernes, 4 de septiembre de 2026

MERENDAS SAUDABLES

  Queremos darvos a BENVIDA ao curso 2026/2027 e MESOIRIÑO  aconséllavos ter uns Hábitos de Vida Saudables. Para isto seguimos coa proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.


  A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga. 

    Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana e ten como obxetivo ter ao centro educativo como un lugar de ALIMENTACIÓN SAUDABLE. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.

     Lembrade a importancia para a nosa saúde do TRIÁNGULO SAUDABLE:

  • Actividade física.
  • Alimentación saudable.
  • Descanso.