Esta semana tivemos no noso centro a dous grandes deportistas, que quixeron compartir connosco a súa historia, o seu espíritu de superación, esforzo e humor. Estiveron MARTÍN VARELA (tenista en cadeira de rodas que chegou a estar no Top 30 Mundial) e IVÁN MONTERO (corredor do Paraciclismo Galicia, equipo coruñés de ciclismo adaptado do Club Ciclista Riazor, que está loitando por ter unha praza nas Olimpiadas de París 2024).
O alumnado fixo unha entrevista aos deportistas e despois tivo a oportunidade de andar en cadeira de rodas, desde aquí queremos agradecer aos deportistas a súa dedicación e aos seus axudantes Sergio, Lucía e Jesús. (Picade na foto e no enlace)
MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE!!
NOTICIA LA VOZ DE GALICIA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario