O pasado venres con motivo do "Día da Paz e Non Violencia" que se celebra cada 30 de xaneiro, fixemos a nosa 1ª Carreira "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" a favor da ONG "Save The Children", para axudar co problema de desnutrición no Corno de África. Queremos agradecer a todos os/as patrocinadores/as que contribuiron coa súa aportación a recadar 1055,70€ entre todo o colexio.
Deixamos algunhas fotos e vídeos como mostra da xornada. (Picade na imaxe)
MOITAS GRAZAS!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario