Durante a mañá de hoxe, levouse a cabo na Praza de María Pita o DEFR 2023 (Dia da Educación Física na Rúa). O alumnado de 5º de educación primaria pasou unha xornada de convivencia xunto a outros centros da cidade co obxetivo de dar visibilidade á área de Educación Física e poñer en manifesto a súa importancia a nivel cognitivo, físico e social.
Este ano os protagonistas foron os deportes alternativos e fixeron Kinball, Noqball, Datchball e Rugby Tag. Deixamos algunhas imaxes da xornada, picade no cartaz.
MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO E PROFESORADO PARTICIPANTE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario