viernes, 31 de mayo de 2024

PRIMEIROS AUXILIOS 3º E 4º

 Hoxe os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria, tiveron a visita de Lucía, María, Javi e Verónica (enfermeir@s especialistas en Atención Primaria), para dar unha charla de "PRIMEIROS AUXILIOS" e aprendimos a:

  • Chamada ao 112 en caso de emerxencia.
  • RCP (Reanimación Cardio Pulmonar).
  • Maniobra de Heimlich (en caso de atragantamento).
Esperemos que o alumnado aprendera a como actuar nun caso de emerxencia, deixamos unha fotos picando na imaxe.

MOITAS GRAZAS LUCÍA, MARÍA, JAVI E VERÓNICA!!! 




jueves, 30 de mayo de 2024

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2024

  Durante a mañá de hoxe, levouse a cabo na Praza de María Pita o DEFR 2024 (Dia da Educación Física na Rúa). O alumnado de 5º de educación primaria pasou unha xornada de convivencia xunto a outros centros da cidade co obxetivo de dar visibilidade á área de Educación Física e poñer en manifesto a súa importancia a nivel cognitivo, físico e social.

    Este ano  os protagonistas foron os deportes alternativos e fixeron RosquillaTwincon e Noqball. Deixamos algunhas imaxes da xornada, picade na foto.  

MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO!!!





viernes, 24 de mayo de 2024

CAMPAMENTO 100TOLOS

   Compartimos a información do Campamento de esgrima do Clube 100Tolos, onde haberá esgrima, tiro con arco, pistolas láser, sables de luz, visitas a museos e moito máis. 

Está orientado para nen@s nados entre 2009 a 2017.



jueves, 16 de mayo de 2024

PLOGGING TOUR A CORUÑA

 O vindeiro 26 de maio, levarase a cabo en A Coruña unha actividade de PLOGGING na explanada de Riazor na que haberá unha carreira popular, talleres, actividades deportivas adaptadas e xogos.

Deixamos o cartaz e picando nel teredes máis información sobre a actividade.



jueves, 9 de mayo de 2024

CHARLA E DE TALLER NUTRICIÓN

 Os xoves 2 e 9 de maio tivemos no centro unha CHARLA E TALLER DE NUTRICIÓN respectivamente, para 3º e 4º de Educación Primaria. Desde o centro estamos concienciados da importancia que ten a alimentación na saúde do noso alumnado e en colaboración co C.S. Mesoiro e en particular coa súa nutricionista María del Sol Pérez Iglesias, levamos a cabo esta actividade que pretendemos manter nos próximos cursos.

    Queremos agradecer o traballo nas charlas e talleres das enfermeiras dos C.S. Novo Mesoiro e Elviña Laura Vieira, Raquel Filgueira, Sara Becerra e Maite Crende.

O alumnado aprendeu a importancia do Plato Harvard, ler as etiquetas dos alimentos, a roda de alimentos, coñecer o azucre oculto e condutas a evitar na alimentación.


MOITAS GRAZAS AO PERSOAL DO C.S. MESOIRO!!

(Melloremos xuntos a saúde da poboación)

                (Picade na imaxe)

miércoles, 8 de mayo de 2024

JUDO XIMNASIO FIBRA

 Durante a semana pasada e esta, pasaron polo centro entrenadores do XIMNASIO CLUB FIBRA DE JUDO, para ensinar os valores do seu deporte para o alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria.

Aprendimos que o Judo é unha disciplina deportiva que desenvolve a nosa forza, flexibilidade, resistencia, capacidade de concentración, velocidade...

Deixamos unha serie de fotos picando na imaxe e queremos agradecer a Jose Gacio e Nicolás Patiño    a súa dedicación.


ANIMÁDEVOS A PROBAR!!!




lunes, 6 de mayo de 2024

CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS

  Hoxe os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria, tiveron a visita de Federico De La Fuente (Xefe de Protección Civil de A Coruña), para dar unha charla de "PRIMEIROS AUXILIOS" e aprendimos a:

  • Maniobra de Heimlich: o alumnado de 5º.
  • RCP (Reanimación cardio pulmonar): o alumnado de 6º.
Esperemos que o alumnado aprendera a como actuar nun caso de emerxencia, deixamos unha fotos picando na imaxe.