Os xoves 2 e 9 de maio tivemos no centro unha CHARLA E TALLER DE NUTRICIÓN respectivamente, para 3º e 4º de Educación Primaria. Desde o centro estamos concienciados da importancia que ten a alimentación na saúde do noso alumnado e en colaboración co C.S. Mesoiro e en particular coa súa nutricionista María del Sol Pérez Iglesias, levamos a cabo esta actividade que pretendemos manter nos próximos cursos.
Queremos agradecer o traballo nas charlas e talleres das enfermeiras dos C.S. Novo Mesoiro e Elviña Laura Vieira, Raquel Filgueira, Sara Becerra e Maite Crende.
O alumnado aprendeu a importancia do Plato Harvard, ler as etiquetas dos alimentos, a roda de alimentos, coñecer o azucre oculto e condutas a evitar na alimentación.
MOITAS GRAZAS AO PERSOAL DO C.S. MESOIRO!!
(Melloremos xuntos a saúde da poboación)
No hay comentarios:
Publicar un comentario