O día 5 de xuño conmemórase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e desde o centro propoñemos unha actividade que consiste en realizar xogos reciclados na área de Educación Plástica e Visual, para usar durante os recreos e nas clases de Educación Física.
Pretendemos concienciar ao alumnado da importancia da regla das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar para coidar o noso medio ambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario