viernes, 31 de enero de 2025

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Estes dous últimos xoves tivemos no centro unha CHARLA E TALLER DE NUTRICIÓN  para 3º Educación Primaria. Desde o centro estamos concienciados da importancia que ten a alimentación na saúde do noso alumnado e en colaboración co C.S. Mesoiro e en particular coa súa nutricionista María del Sol Pérez Iglesias e enfermeira Laura Vieira.

O alumnado aprendeu a importancia do Plato Harvard, ler as etiquetas dos alimentos, a roda de alimentos, coñecer o azucre oculto e condutas a evitar na alimentación.


MOITAS GRAZAS AO PERSOAL DO C.S. MESOIRO!!


(Picade na imaxe)

CARREIRA SOLIDARIA

 Onte 30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, fixemos unha carreira solidaria a favor da ONGD "Por qué non?".  Desde o centro, queremos agradecer a colaboración da asociación, o esforzo do alumnado e as aportacións das familias.

 Durante a carreira estivo Lorena en representación da asociación.

    Con estas actividades axudamos a construír un mundo máis xusto e tolerante.

MOITAS GRAZAS !!!!


(Picade no cartaz)

martes, 21 de enero de 2025

CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS

   Hoxe os cursos de 5º de Educación Primaria, tiveron a visita de Federico De La Fuente (Protección Civil de A Coruña), para dar unha charla de "PRIMEIROS AUXILIOS" e aprendimos a realizar:

  • Maniobra de Heimlich
  • RCP (Reanimación cardio pulmonar)
Esperemos que o alumnado aprendera a como actuar nun caso de emerxencia, deixamos unha fotos picando na imaxe.