Estes dous últimos xoves tivemos no centro unha CHARLA E TALLER DE NUTRICIÓN para 3º Educación Primaria. Desde o centro estamos concienciados da importancia que ten a alimentación na saúde do noso alumnado e en colaboración co C.S. Mesoiro e en particular coa súa nutricionista María del Sol Pérez Iglesias e enfermeira Laura Vieira.
O alumnado aprendeu a importancia do Plato Harvard, ler as etiquetas dos alimentos, a roda de alimentos, coñecer o azucre oculto e condutas a evitar na alimentación.
MOITAS GRAZAS AO PERSOAL DO C.S. MESOIRO!!
(Picade na imaxe)
No hay comentarios:
Publicar un comentario