viernes, 4 de septiembre de 2026

MERENDAS SAUDABLES

  Queremos darvos a BENVIDA ao curso 2026/2027 e MESOIRIÑO  aconséllavos ter uns Hábitos de Vida Saudables. Para isto seguimos coa proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.


  A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga. 

    Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana e ten como obxetivo ter ao centro educativo como un lugar de ALIMENTACIÓN SAUDABLE. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.

     Lembrade a importancia para a nosa saúde do TRIÁNGULO SAUDABLE:

  • Actividade física.
  • Alimentación saudable.
  • Descanso.


martes, 9 de junio de 2026

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

 O vindeiro domingo 14 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 e na contorna da Cidade Deportiva de Riazor, o concello de A Coruña celebra o XXXIX DÍA DO DEPORTE NA RÚA.  Haberá  64 disciplinas deportivas.  Se picades no cartaz, teredes a información.

ANIMÁDEVOS!!!!




viernes, 5 de junio de 2026

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

  Hoxe 5 de xuño conmemórase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e desde o centro propoñemos unha actividade que consiste en realizar xogos reciclados na área de Educación Plástica e Visual, para usar durante os recreos e nas clases de Educación Física.

Pretendemos así concienciar ao alumnado da importancia da regla das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar para coidar o noso medio ambiente. 

A XOGAR!!!!





sábado, 16 de mayo de 2026

miércoles, 13 de mayo de 2026

TORNEO BALONMANO LÍNEA 21

 Desde el Club Balonmano Línea 21  se ponen en contacto con nosotros para invitar a todos los alumnos y alumnas que participaron la semana anterior en las jornadas de captación, a disfrutar del II Torneo MEDRA CON NÓS, que se celebrará a partir del próximo día 26 de mayo.

Se trata de una jornada lúdica y deportiva dirigida principalmente a niños y niñas de categorías benjamín y alevín (2014/2015/2016 y 2017), donde podrán acercarse al balonmano de una manera divertida, participativa y adaptada a todos los niveles, independientemente de si tienen experiencia previa o no.
El objetivo principal de esta iniciativa es fomentar la práctica deportiva, los hábitos saludables y valores como el compañerismo, el respeto y el trabajo en equipo, creando además un espacio de convivencia entre niños y niñas de distintos centros educativos.
O s deamos un enlace de inscripción.
Para cualquier consulta o información adicional, podéis contactar con nosotros a través de:
Muchas gracias por vuestra colaboración.


viernes, 8 de mayo de 2026

BALONMANO LÍNEA 21

    Durante esta semana recibimos a visita de Abel e Víctor; entrenadores/a do BALONMANO LÍNEA 21, para dar a coñecer o deporte do balonmán e convidar ao alumnado a coñecer o seu clube e fomentar así un ocio saudable.

Animamos ao alumnado que queira, a probar este espectacular deporte nun clube do noso barrio.

Deixamos a información e picando abaixo unhas imaxes da actividade.

BALONMANO LÍNEA21


viernes, 24 de abril de 2026

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2026

    Durante a mañá de hoxe, levouse a cabo na Praza de María Pita o DEFR 2026 (Dia da Educación Física na Rúa). O alumnado de 5º de educación primaria pasou unha xornada de convivencia xunto a outros centros da cidade co obxetivo de dar visibilidade á área de Educación Física e poñer en manifesto a súa importancia a nivel cognitivo, físico e social. 
  Deixamos algunhas imaxes da xornada, picade na foto. 

 MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO!!!