lunes, 21 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS NAVIDEÑAS

MESOIRIÑO quérevos desexar un Bo Nadal e recordarvos que este é un momento idóneo, para seguir realizando actividade física (andainas; paseos en bicicleta; uso de patíns, monopatíns e patinetes; xogar nos parques..) sempre que o tempo o permita e acompañados de familiares ou amig@s.

Lembrade tamén de disfrutar das comidas e postres navideños e non olvidarse da froita, verdura e legumes que tan importantes son para o voso crecemento.


Tamén queremos agradecer a Noemi, nai de Asier Aguilar de 1ºB, por facer un Amigurumi (boneco feito de ganchillo) de Mesoiriño.

ENCÁNTANOS!!!!!!!


MOI BO NADAL E MOITA SAÚDE!!!!

miércoles, 9 de diciembre de 2020

AGASALLO DEPORTIVO

Deixamos unha proposta ó alumnado, para que nestas Navidades pidan nas súas cartas a Papa Noel ou Reis Magos un "AGASALLO DEPORTIVO" e fomentar así a práctica de actividade física.

Esperemos que se cumplan os vosos desexos!!!!!





lunes, 30 de noviembre de 2020

MESOIRIÑO DIXITALIZADO

 Temos  a versión dixitalizada de MESOIRIÑO, que esperemos que vos guste. 

Queremos dar a noraboa a Carmen Iglesias Lago de 1ºB, que foi a que atopou ao verdadeiro Mesoiriño.











XOGOTECA

 Comezamos esta semana unha nova iniciativa que leva por título XOGOTECA. Cada aula ten un libriño con xogos sen material, realizado polo alumnado, para poder realizar voluntariamente durante o recreo.

O obxetivo é fomentar os hábitos de vida saudables e intentar chegar a eses 60 minutos diarios de actividade física que recomenda a OMS, para nen@s de 5 a 17 anos, e fomentar a autonomía grupal.

GRAZAS ao alumnado e ás familias pola vosa colaboración!!!!




miércoles, 18 de noviembre de 2020

ATOPAMOS A MESOIRIÑO

 Despois dunhas semanas de intensa búsqueda polo colexio, por fin os rapaces atoparon a MESOIRIÑO.

Como veredes temos unha morea de artistas no centro e queremos agradecer a súa participación e esforzo para poder encontralo.

MOITAS GRAZAS!!!!!




miércoles, 11 de noviembre de 2020

XOGOTECA

Coa finalidade de dinamizar os Recreos, pretendemos crear unha "XOGOTECA" de aula, a partir das aportacións do alumnado de Primaria e na que poden colaborar as familias.
A idea é que cada alumno/a describa un xogo sen material que podan facer durante o recreo e entre toda a aula crear unha "Xogoteca", para poder levar a cabo nestes tempos de lecer.
Por iso, o alumnado de Primaria levará para casa un documento coma o da imaxe.



 MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!!!!!!



domingo, 25 de octubre de 2020

BUSCANDO MESOIRIÑO

 O Proxecto nace buscando a MESOIRIÑO, a nosa mascota, e sabemos que está agochada polo colexio, pero só os nenos e nenas poden vela. Por iso necesitamos a axuda do alumnado para darlle formae terán ata o 9 de novembro para atopala.

PRECISAMOS A VOSA AXUDA!!!!!!!