jueves, 23 de septiembre de 2021

TIRO CON ARCO ADARVE

 Esta semana no colexio tivemos a visita de Luís e Óscar, entrenadores da asociación TIRO CON ARCO ADARVE, para presentarnos o seu deporte e o clube. Aquelas familias que quedaron interesadas en seguir practicando poden contactar no número de teléfono ou email que adxuntamos.

Espero que fora do voso agrado esta nova experiencia enfocada a visibilizar deportes minoritarios e seguir tendo uns Hábitos de vida saudables.

Queremos agradecer a LUÍS e a ÓSCAR polo seu interese e dedicación nesta labor.

MOITAS GRAZAS!!!!



Clicade na foto para ver máis imaxes.










miércoles, 8 de septiembre de 2021

BENVID@S DE NOVO!!!!

 Mañá comezamos o curso 2021/2022 e MESOIRIÑO quere darvos a benvida e aconséllavos que sigades cuns Hábitos de Vida Saudables. Para isto comezamos cunha proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.


A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga. 

Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.

BO COMEZO DE CURSO!!!!!!

martes, 22 de junio de 2021

BO VERÁN

 Rematamos hoxe este curso 2020/2021 e imos de vacacións ata setembro. Pero lembrade non deixar de lado os vosos HÁBITOS SAUDABLES e seguide levando:

  • Unha boa alimentación (tomade froitas e verduras habitualmente).
  • Ter un bo descanso (durmir entre 9-10 horas).
  • Facede actividade física (saide a xogar ao parque, praias..; montade en bici, patinete, monopatíns..).
MESOIRIÑO quere que o pasedes moi ben e espéravos á volta de vacacións con novas propostas.








              


miércoles, 9 de junio de 2021

PROXECTO ANCAS

    Comezamos un novo Proxecto este tramo final de curso, coa idea de implantalo o curso 2021/2022. Trátase do PROXECTO ANCAS (asociación de nenos camiñantes por un ambiente sostible e seguro) impulsado polo concello de A Coruña e Stop Accidentes.

    Esta é unha iniciativa educativa que incorpora a práctica de hábitos saudables e valores de convivencia a través de pautas de seguridade vial, para lograr un entorno urbano máis saudable, seguro e sostible na nosa cidade.

    Pretenden establecer recorridos escolares seguros, evitar uso de vehículos e promover o desprazamentos andando ou en bici de forma autónoma.

    Para isto instalamos un APARCADOIRO DE BICIS (o carón da porta de entrada ao colexio), orientado para o alumnado de 5º e 6º (se algunha familia de outros cursos está interesada pode facer uso igualmente). Se algunha familia desexa empregar este servicio poñédevos en contacto, indicando nome e curso do alumn@, no correo:
 
                                            ceip.novomesoiro@edu.xunta.gal



viernes, 4 de junio de 2021

ATHLETIC CORUÑA HOCKEY CLUB

 Esta semana e a anterior tivemos a visita para primaria de Alberto, Guadalupe e Javier; xogadores e entrenadores no ATHLETIC CORUÑA HOCKEY CLUB, un clube de Hockey herba e sala da cidade. Aprendimos a técnica básica do deporte: como coller o stick, golpeo, pase e conducción, o equipamento a empregar..e invitaron ao alumnado a ir os venres do mes de xuño a entrenar (prestan o material) no Campo Municipal de A Torre. 

Tedes a información e número de contacto nas invitacións que levaron os nen@s, quédanos agradecer a Yolanda, nai dun rapaz do colexio que contactou co clube e ó propio clube pola súa disposición e gañas de fomentar o deporte entre o noso alumnado.


ANIMÁDEVOS A PROBAR!!!!!





jueves, 13 de mayo de 2021

VISITA AO ROCÓDROMO DE RIAZOR

 O alumnado de 4º visitou o Rocódromo de Riazor, da man de AMI (Agrupación de Montañeros Independientes). Dividimos a actividade en dúas partes: unha de escalada  a unha parede de 14 metros e unha charla na que aprendimos un pouco mais sobre os deportes de montaña (alpinismo, himalayismo, escalada, montañismo, esquí, snowboard..).

Coñecimos que a escalada será un deporte de exhibición nas Olimpiadas de Tokio 2021 nas modalidades de:

  • Boulder
  • Dificultad
  • Velocidad
Tamén nos falaron dos diferentes tipos de escalada (en rocha, en xeo, urbana, rocódromo..) e tocamos  diferentes materiais que se empregan nestes deportes (chapas, arneses, cordas, mosquetóns, poleas, cascos, piolet, crampón...)

A Agrupación AMI ten un local con rocódromo na rúa Padre Sarmiento 8, entre a Avenida de Finisterre e o parque de Santa Margarita, por si queredes probar e este é o seu contacto 667967227 e a súa páxina web: https://amimontanismo.es/

Moitas grazas a Agrupación pola actividade e animádevos a probar!!!!
(Picade na imaxe)





martes, 4 de mayo de 2021

CORUÑA OLÍMPICA

     Hoxe tivemos a visita o noso centro do deportista olímpico na modalidade de vela, en Atlanta 1996 e Sidney 2000, Jorge Maciel e da periodista deportiva Lis Franco. A actividade enmárcase dentro do programa do concello "CORUÑA OLÍMPICA", destinada ao alumnado de 3º a 6º de Primaria e ten por obxetivo dar a coñecer aos nen@s a experiencia de diferentes deportistas olímpicos da cidade.

    Tivemos unha presentación e entrevista de Lis Franco e despois o alumnado fixo as súas propias preguntas. Aprendimos básicamente o valor do espíritu deportivo (sacrificio, esforzo, compañerismo..), a importancia de saber gañar e perder, o papel da muller dentro do deporte...

    Como Jorge Maciel dixo "comecei facendo deporte porque divertíame", animamos a toda a comunidade educativa a atopar ese deporte ou actividade física que vos divirta para levar un estilo de vida saudable. 

    Moitas grazas ao Concello de A Coruña, Lis Franco e Jorge Maciel pola semente que deixades no CEIP Novo Mesoiro!!!!

Picade na imaxe.