jueves, 9 de marzo de 2023

CAPOEIRA

 Esta semana tivemos a visita ao centro de Francisco e Jose, monitores de CAPOEIRA DE OURO. Aprendimos grazas a eles, esta mistura de danza, música, baile e artes marciais que levaron os esclavos africanos a Brasil. 

Se alguén está interesado/a en aprender máis, estades invitados a unha sesión con eles e deixamos a información e un enlace con varias fotografías e vídeos (picando na primeira imaxe).



MOITAS GRAZAS FRANCISCO E JOSE

martes, 7 de febrero de 2023

RECADACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

 Hoxe fixemos entrega no banco da recadación conseguida na CARREIRA SOLIDARIA a favor de "Save the Children", o pasado 30 de xaneiro. Entre todo o centro xuntamos 1.545,30€, queremos dar grazas a todos/as os patrocinadores por facer un mundo un pouco máis xusto.


MOITAS GRAZAS!!!!




jueves, 2 de febrero de 2023

ATLÁNTICO PARTE DE TI

  Hoxe o alumnado de 5ºB disfrutou dunha actividade realiza co concello, denominada "ATLÁNTICO PARTE DE TI". Esta iniciativa pretende fomentar hábitos de vida saudables a través da actividade de vela. Dende o Marina Coruña, a rapazada navegou con diferentes embarcacións a vela pola contorna do porto e castelo de San Antón. Deixamos o enlace a páxina web onde hai escola de vela e navegación https://marinacoruna.es/

Pasaron unha gran xornada !!!

Picade na imaxe para ver as fotos da xornada.





lunes, 30 de enero de 2023

CARREIRA SOLIDARIA

     Hoxe foi un día especial no centro, co gallo do "Día da Paz e Non Violencia", fixemos a nosa Carreira Solidaria a favor de "Save the Children", para poder axudar así a nenos/as en situacións desfavorables.

    Queremos agradecer o esforzo das familias, patrocinadores e alumnado. Deixamos unha imaxe para picar e acceder a imaxes e vídeos da carreira e próximamente publicaremos a doazón xeral do día.

MOITAS GRAZAS!!!!



viernes, 27 de enero de 2023

ATLÁNTICO PARTE DE TI

 Hoxe o alumnado de 5ºA disfrutou dunha actividade realiza co concello, denominada "ATLÁNTICO PARTE DE TI". Esta iniciativa pretende fomentar hábitos de vida saudables a través da actividade de vela. Dende o Real Club Náutico de A Coruña, a rapazada navegou con diferentes embarcacións a vela pola contorna do porto e castelo de San Antón. Pasaron unha xornada fantástica!!!

Picade na imaxe para ver as fotos da xornada.



jueves, 22 de diciembre de 2022

CAMPUS NAVIDEÑO BALONMANO LINEA 21

 Se queredes pasar un Nadal deportivo  no barrio e naciches entre 2009 e 2016, podedes apuntarvos ao CAMPUS BALONMANO LÍNEA 21. Deixamos toda a información.



BO NADAL!!!

lunes, 5 de diciembre de 2022

AGASALLO ACTIVO 2022

 Agora que comezamos decembro, MESOIRIÑO aconséllanos pedir sempre un agasallo para levar unha vida activa e saudable. Esperemos que os vosos desexos fáganse realidade.

                                                 

    BOA SORTE!!!!