lunes, 16 de octubre de 2023

CRAT RUGBY

 O CLUBE CRAT RUGBY convida ao alumnado do centro de 6 a 12 anos a unha Xornada de Portas Abertas, para dar a coñecer o seu clube e deporte o vindeiro sábado día 21 de outubro de 11:00 a 12:30 en Acea de Ama. Deixamos o cartaz coa información.



A PROBAR!!!!!!

lunes, 9 de octubre de 2023

TENIS DE MESA

 O vindeiro xoves 12 de outubro haberá unha Xornada de promoción gratuita de Tenis de mesa no CLUB DEL MAR DE SAN AMARO. Será de 10:00 a 14:00 e realizarase unha Exhibición de xogadores de alto nivel. Deixamos o cartaz por se é do voso interese.


jueves, 7 de septiembre de 2023

AS MERENDAS DE MESOIRIÑO

 Comezamos o curso 2023/2024 e MESOIRIÑO quere darvos a benvida e aconséllavos que sigades cuns Hábitos de Vida Saudables. Para isto seguimos coa proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.



    A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga. 

    Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana e ten como obxetivo ter ao centro educativo como un lugar de ALIMENTACIÓN SAUDABLE. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.

     Lembrade a importancia do TRIÁNGULO SAUDABLE:

  • Actividade física.
  • Alimentación saudable.
  • Descanso.


jueves, 31 de agosto de 2023

CURSO ESGRIMA GRATUITO

 Comezamos o curso 2023/2024 con enerxías renovadas e desde o clube de ESGRIMA 100 TOLOS, queren convidar á rapazada do colexio a un curso de esgrima de balde durante o mes de setembro. Deixamos o cartaz por se é do voso interese.


UN SAÚDO E BENVID@S


jueves, 15 de junio de 2023

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

 O vindeiro domingo 18 de xuño en horario de 11:00 a 14:00 e na contorna de Riazor, o concello de A Coruña celebra o XXXVI DÍA DO DEPORTE NA RÚA.  Haberá un total de 65 disciplinas deportivas. Deixamos un enlace coa información.

DÍA DO DEPORTE NA RÚA


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

miércoles, 14 de junio de 2023

ESCOLA TRIALÓN CORUÑA

 Desde a ESCOLA TRIATLÓN CORUÑA, queren convidarvos durante o mes de setembro as Xornadas de portas abertas e probar as modalidades de ciclismo e natación. Sería para nenos e nenas entre 6 e 15 anos. Adxuntamos os formalarios de inscripción que hai que enviar a escolatriatloncoruna@gmail.com.


FORMULARIO CICLISMO 6 A 10 ANOS

FORMULARIO CICLISMO 11 A 15 ANOS

FORMULARIO NATACIÓN 6 A 10 ANOS









miércoles, 7 de junio de 2023

CAMPAMENTO VERÁN CLUBE ESGRIMA 100TOLOS

  Compartimos a información do Campamento de esgrima do Clube 100Tolos, onde haberá esgrima, tiro con arco, pistolas láser, sables de luz, visitas a museos e moito máis.