lunes, 17 de noviembre de 2025

MOCHILA ACTIVA

 Hoxe saen as MOCHILAS ACTIVAS DE MESOIRIÑO, en Educación Infantil. Trátase dunha iniciativa para promover a actividade física e a lectura en familia. Cada luns (ou inicio de semana) un/unha alumn@, levará a mochila para casa e a devolverá o seguinte luns. Na mochila levades un libriño coas instrucións a seguir.

QUE A DISFRUTEDE!!!!!



miércoles, 12 de noviembre de 2025

VIAXES AMARELLE FSF

 Onte tivemos a visita no centro de Laura e Sandra, xogadoras do clube VIAXES AMARELLE de fútbol sala feminino. Estiveron co alumnado de 4º e 5º de Primaria e convidan a probar este deporte a todas as nenas de 3º a 6º de Primaria.

    Deixamos a información para contactar co clube, por se estades interesad@s e unha serie de fotos.


miércoles, 5 de noviembre de 2025

CARREIRA DE NOVO MESOIRO

  Dentro do Circuíto de Carreiras Populares de A Coruña: "CIRCUÍTO CORUÑA CORRE", o vindeiro domingo 23 de novembro terá lugar a proba de NOVO MESOIRO.

Pinchando no cartaz tedes un enlace coa información do evento.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR PEQUEN@S E MAIORES!!



miércoles, 15 de octubre de 2025

CARREIRA SAN SILVESTRE 2025

Hoxe comezan as inscripcións para  a "SAN SILVESTRE CORUÑA", a carreira popular que pecha o ano o 31 de decembro e pódese participar a partir dos 5 anos. Se queredes  participar cos peques da casa, en familia, cos amigos.. e despedir o ano dunha forma activa e saudable tomade nota. Aquí tedes a páxina onde podedes facer a inscripción: PÁXINA WEB

ANIMÁDEVOS!!!!



jueves, 9 de octubre de 2025

HOCKEY CLUB CAMBRE

  Durante esta semana, tivemos no centro a visita do HOCKEY CLUB CAMBRE, para a dar a coñecer o seu deporte e clube. 

Se algún alumn@ quere ir a probar este deporte deixamos o contacto.


miércoles, 1 de octubre de 2025

HOCKEY CLUB CAMBRE

 Durante o día de onte, tivemos no centro a visita de Lucía do HOCKEY CLUB CAMBRE, para a dar a coñecer o seu deporte e clube. Estivo na clase de 1º de Primaria.

Se algún alumn@ quere ir a probar este deporte deixamos a páxina web do clube onde tedes máis información e picando na imaxe podedes ver unha serie de fotos da actividade.




lunes, 8 de septiembre de 2025

AS MERENDAS DE MESOIRIÑO

 Queremos darvos a BENVIDA ao curso 2025/2026 e MESOIRIÑO  aconséllavos ter uns Hábitos de Vida Saudables. Para isto seguimos coa proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.



    A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de sal, azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga. 

    Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana e ten como obxetivo ter ao centro educativo como un lugar de ALIMENTACIÓN SAUDABLE. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.

     Lembrade a importancia para a nosa saúde do TRIÁNGULO SAUDABLE:

  • Actividade física.
  • Alimentación saudable.
  • Descanso.