viernes, 30 de abril de 2021

DEFC 2021

 O mércores 28 de abril celebrouse a nivel nacional o "Día de la Educación Física en la Calle /Colegio/ Casa" e o CEIP  Novo Mesoiro uniuse a iniciativa durante toda a semana.  

O obxetivo é visibilizar a importancia da área de Educación Física na aprendizaxe das relacións sociais, valores personais, hixiene, condición física, responsabilidade, creatividade, hábitos saudables e mentais, intelixencia emocional...

Nesta ocasión fixemos unha actividade de Plogging, que é unha iniciativa que mezcla ecoloxía e deporte, consiste en facer un percorrido andando ou correndo e limpar o lixo da zona pola que pasamos.


Gracias ao alumnado do "CEIP Novo Mesoiro", a veciñanza do barrio de Novo Mesoiro ten o "CAMIÑO DO CONVENTO" mais limpo. 

Disfrutade do voso tempo de lecer con HÁBITOS SAUDABLES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario