Hoxe celebramos con 3º e 4º de Primaria o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA (DEFR) na Praza de María Pita, xunto a 5 centros educativos da cidade. Pasamos unha xornada festiva facendo unha sesión de EF na rúa, coñecendo á alcaldesa e concelleiro de educación e escoitando discursos da rapazada a prol da importancia da área a nivel intelectual, social, físico e emocional.
Queremos agradecer a implicación de Brais, Karina e Antía, alumnado da Universidade de A Coruña e futuros docentes.
Deixamos unha serie de fotos e vídeos picando na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario