O alumnado de 6º de Primaria visitou o Rocódromo de Riazor, da man de AMI (Agrupación de Montañeros Independientes). Dividimos a actividade en dúas partes: unha de escalada a unha parede de 16 metros e unha charla na que aprendimos un pouco mais sobre os deportes de montaña (alpinismo, himalayismo, escalada, montañismo, esquí...).
Tamén nos falaron dos diferentes tipos de escalada (en rocha, en xeo, urbana, rocódromo..) e coñecimos diferentes materiais que se empregan nestes deportes (chapas, arneses, cordas, mosquetóns, poleas, cascos, piolet, crampón...)
A Agrupación AMI ten un local con rocódromo na rúa Padre Sarmiento 8, entre a Avenida de Finisterre e o parque de Santa Margarita, por si queredes probar e este é o seu contacto 667967227 e a súa páxina web: https://amimontanismo.es/
A actividade foi subvencionada pola Deputación da Coruña.
Moitas grazas a Agrupación pola actividade e animádevos a probar!!!!
(Picade na imaxe)
No hay comentarios:
Publicar un comentario