O alumnado de 6º de primaria tivo onte un encontro provincial de DEPORTE ADAPATADO coa asociación PROXECTO ENKI. Nesta xuntanza coñeceron diversos deportes e deportista con diversidade funcional (esgrima, judo, tenis de mesa, boccia, ciclismo, tenis, atletismo e softball) e puideron vivenciar as dificultades que teñen estes deportes e a vida destas persoas.
Con este tipo de actividades pretendemos lograr un deporte máis inclusivo e unha sociedade máis xusta.
Deixamos unha serie de fotos picando na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario