jueves, 10 de marzo de 2022

MUJERES Y DEPORTE

 Esta semana,  el alumnado de 3º a 6º de Primaria, ha realizado la actividad de "MUJERES Y DEPORTE", para conmemorar el "DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER" y que consistía en buscar información sobre la deportista que cada uno/a eligiese. El objetivo es visibilizar la figura de la mujer en el deporte, conocer otras deportistas y reflexionar sobre la diferencia en reconocimiento social, tratamiento de los medios de comunicación.. con respecto al deporte masculino.





MUCHAS GRACIAS POR PARTICIPAR!!!!!

jueves, 10 de febrero de 2022

CRAT RUGBY

 Esta semana de 3º a 6º de Primaria tivemos a visita ao centro de Marina, Estela, Isabel, Mónica e Elena, xogadoras do CRAT de Rugby para dar a coñecer os valores do seu deporte e do seu clube. Invitaron ao alumnado que queira ir, a probar o deporte e entrenar.

Deixamos o enlace da páxina web no clube https://cratcoruna.com/.

Queremos agradecer o seu interese e labor realizada no centro.

MOITAS GRAZAS!!!

(Picade na imaxe para ver máis fotos)

ATLÁNTICO PARTE DE TI

 Onte o noso alumnado de 5º de Primaria disfrutou dunha xornada de deportes acuáticos da man do deportista olímpico Jorge Maciel, grazas á actividade do concello "ATLÁNTICO PARTE DE TI", que pretende achegar aos centros educativos este tipo de deportes. Tiveron a oprtunidade de realizar vela e windsurf na praia de Oza. Deixamos unha serie de imaxes picando na foto.




lunes, 7 de febrero de 2022

MOCHILAS ACTIVAS

 Esta semana comezamos con una nova iniciativa para o alumnado de Educación Infantil, para fomentar a actividade física en familia. Trátase da  "MOCHILA ACTIVA", qué unha mochila con material para xogar que se entregará no colexio os luns para que volva o xoves e os xoves para volva os luns. As mochilas constan de: 

  • 4º Infantil: corda, zancos e saquiño.
  • 5º Infantil: corda, zancos e pelota cometa.
  • 6ºInfantil: corda, pelota cometa e cesta con pelota.
Esperemos que pasedes un rato agradable e divertido en familia.

A XOGAR!!!




viernes, 4 de febrero de 2022

DOAZÓN SAVE THE CHILDREN

 Compartimos con vos a doazón que enviamos desde o centro á ONG "Save the Children" grazas as aportación dos patrocinadores/as da carreira "Kilómetros de Solidariedade" celebrada o venres 28 de xaneiro.



miércoles, 2 de febrero de 2022

CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

 O pasado venres con motivo do "Día da Paz e Non Violencia" que se celebra cada 30 de xaneiro, fixemos a nosa 1ª Carreira "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" a favor da ONG "Save The Children", para axudar co problema de desnutrición no Corno de África. Queremos agradecer a todos os/as patrocinadores/as que contribuiron coa súa aportación a recadar 1055,70€  entre todo o colexio.

Deixamos algunhas fotos e vídeos como mostra da xornada. (Picade na imaxe)


MOITAS GRAZAS!!!!!

martes, 11 de enero de 2022

CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES "CORUÑA CORRE"

     Queremos desexarvos un bo ano e para comezalo de maneira saudable, propoñemos unha actividade para toda a familia: o circuíto de carreiras populares "CORUÑA CORRE". Trátase dunha serie de 7 probas ao longo do ano polos barrios da cidade: Matogrande, Monte Alto, San Pedro de Visma, Os Rosales, Oza, Ventorrillo e Novo Mesoiro.

    Podedes apuntarvos por probas ou ao circuíto enteiro e desde os nen@s ata os maiores, deixamos un vídeo promocional e un enlace con toda a información. https://corunacorre.com/


                                                    ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!!