O alumnado de 6º de Primaria visitou o Rocódromo de Riazor, da man de AMI (Agrupación de Montañeros Independientes). Dividimos a actividade en dúas partes: unha de escalada a unha parede de 16 metros e unha charla na que aprendimos un pouco mais sobre os deportes de montaña (alpinismo, himalayismo, escalada, montañismo, esquí...).
lunes, 13 de noviembre de 2023
ROCÓDROMO DE RIAZOR
domingo, 12 de noviembre de 2023
MOCHILAS ACTIVAS
Hoxe saen as MOCHILAS ACTIVAS DE MESOIRIÑO, en Educación Infantil. Trátase dunha iniciativa para promover a actividade física e a lectura en familia. Cada luns un/unha alumn@, levará a mochila para casa e a devolverá o seguinte luns. Na mochila levades un libriño coas instrucións a seguir.
QUE AS DISFRUTEDES!!!!!
jueves, 9 de noviembre de 2023
CARREIRA DE MESOIRO
Dentro do Circuíto de Carreiras Populares de A Coruña: "CIRCUÍTO CORUÑA CORRE", o vindeiro domingo 26 de novembro terá lugar unha proba en NOVO MESOIRO.
Pinchando no cartaz tedes un enlace coa información do evento.
MOITAS GRAZAS!!!
lunes, 16 de octubre de 2023
CRAT RUGBY
O CLUBE CRAT RUGBY convida ao alumnado do centro de 6 a 12 anos a unha Xornada de Portas Abertas, para dar a coñecer o seu clube e deporte o vindeiro sábado día 21 de outubro de 11:00 a 12:30 en Acea de Ama. Deixamos o cartaz coa información.
A PROBAR!!!!!!
lunes, 9 de octubre de 2023
TENIS DE MESA
O vindeiro xoves 12 de outubro haberá unha Xornada de promoción gratuita de Tenis de mesa no CLUB DEL MAR DE SAN AMARO. Será de 10:00 a 14:00 e realizarase unha Exhibición de xogadores de alto nivel. Deixamos o cartaz por se é do voso interese.
jueves, 7 de septiembre de 2023
AS MERENDAS DE MESOIRIÑO
Comezamos o curso 2023/2024 e MESOIRIÑO quere darvos a benvida e aconséllavos que sigades cuns Hábitos de Vida Saudables. Para isto seguimos coa proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.
A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga.
Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana e ten como obxetivo ter ao centro educativo como un lugar de ALIMENTACIÓN SAUDABLE. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.
Lembrade a importancia do TRIÁNGULO SAUDABLE:
- Actividade física.
- Alimentación saudable.
- Descanso.
jueves, 31 de agosto de 2023
CURSO ESGRIMA GRATUITO
Comezamos o curso 2023/2024 con enerxías renovadas e desde o clube de ESGRIMA 100 TOLOS, queren convidar á rapazada do colexio a un curso de esgrima de balde durante o mes de setembro. Deixamos o cartaz por se é do voso interese.
UN SAÚDO E BENVID@S




