viernes, 1 de diciembre de 2023

CARREIRA SAN SILVESTRE

 O vindeiro día 31 de decembro celebrarase na cidade a "SAN SILVESTRE CORUÑA", a carreira popular que pecha o ano e pódese participar a partir dos 5 anos. Se queredes  participar cos peques da casa, en familia, cos amigos.. e despedir o ano dunha forma activa e saudable tomade nota. Aquí tedes a páxina onde podedes facer a inscripción: PÁXINA WEB

ANIMÁDEVOS!!!!



lunes, 13 de noviembre de 2023

ROCÓDROMO DE RIAZOR

 O alumnado de 6º de Primaria visitou o Rocódromo de Riazor, da man de AMI (Agrupación de Montañeros Independientes). Dividimos a actividade en dúas partes: unha de escalada  a unha parede de 16 metros e unha charla na que aprendimos un pouco mais sobre os deportes de montaña (alpinismo, himalayismo, escalada, montañismo, esquí...).

Tamén nos falaron dos diferentes tipos de escalada (en rocha, en xeo, urbana, rocódromo..) e coñecimos diferentes materiais que se empregan nestes deportes (chapas, arneses, cordas, mosquetóns, poleas, cascos, piolet, crampón...)

A Agrupación AMI ten un local con rocódromo na rúa Padre Sarmiento 8, entre a Avenida de Finisterre e o parque de Santa Margarita, por si queredes probar e este é o seu contacto 667967227 e a súa páxina web: https://amimontanismo.es/

 A actividade foi subvencionada pola Deputación da Coruña.

Moitas grazas a Agrupación pola actividade e animádevos a probar!!!!
(Picade na imaxe)



domingo, 12 de noviembre de 2023

MOCHILAS ACTIVAS

 Hoxe saen as MOCHILAS ACTIVAS DE MESOIRIÑO, en Educación Infantil. Trátase dunha iniciativa para promover a actividade física e a lectura en familia. Cada luns un/unha alumn@, levará a mochila para casa e a devolverá o seguinte luns. Na mochila levades un libriño coas instrucións a seguir.

QUE AS DISFRUTEDES!!!!!




jueves, 9 de noviembre de 2023

CARREIRA DE MESOIRO

 Dentro do Circuíto de Carreiras Populares de A Coruña: "CIRCUÍTO CORUÑA CORRE", o vindeiro domingo 26 de novembro terá lugar unha proba en NOVO MESOIRO.

Pinchando no cartaz tedes un enlace coa información do evento.





MOITAS GRAZAS!!!

lunes, 16 de octubre de 2023

CRAT RUGBY

 O CLUBE CRAT RUGBY convida ao alumnado do centro de 6 a 12 anos a unha Xornada de Portas Abertas, para dar a coñecer o seu clube e deporte o vindeiro sábado día 21 de outubro de 11:00 a 12:30 en Acea de Ama. Deixamos o cartaz coa información.



A PROBAR!!!!!!

lunes, 9 de octubre de 2023

TENIS DE MESA

 O vindeiro xoves 12 de outubro haberá unha Xornada de promoción gratuita de Tenis de mesa no CLUB DEL MAR DE SAN AMARO. Será de 10:00 a 14:00 e realizarase unha Exhibición de xogadores de alto nivel. Deixamos o cartaz por se é do voso interese.


jueves, 7 de septiembre de 2023

AS MERENDAS DE MESOIRIÑO

 Comezamos o curso 2023/2024 e MESOIRIÑO quere darvos a benvida e aconséllavos que sigades cuns Hábitos de Vida Saudables. Para isto seguimos coa proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.



    A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga. 

    Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana e ten como obxetivo ter ao centro educativo como un lugar de ALIMENTACIÓN SAUDABLE. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.

     Lembrade a importancia do TRIÁNGULO SAUDABLE:

  • Actividade física.
  • Alimentación saudable.
  • Descanso.