jueves, 18 de enero de 2024

CHARLA ENKI

 Hoxe tivemos a visita para 6° de dous deportistas da ASOCIACIÓN ENKI. Queremos dar a grazas a Aída, Ángel e Dani por contarnos as súas experiencias.  Dita asociación sen ánimo de lucro axuda a persoas con diversidade funcional a través do deporte e o ocio. Deixamos o enlace a súa páxina web (ENKI), se queredes coñecelos e un album de fotos picando na imaxe.

 MOITAS GRAZAS A ENKI





viernes, 22 de diciembre de 2023

CAMPAMENTO ESGRIMA 100TOLOS

 O clube de esgrima 100TOLOS realiza un campamento multideportivo durante a primeira semana de xaneiro.

Tedes aquí tedes toda a información.


martes, 5 de diciembre de 2023

AGASALLO ACTIVO 2023

  Agora que estamos preto do NADAL, onde tod@s escribiremos unha carta de agasallos aos Reis, Papa Noel ou  o Apalpador...; MESOIRIÑO quérenos dar un consello para que pidamos algún agasallo para levar unha vida activa e saudable. Aquí tedes unhas recomendacións.


viernes, 1 de diciembre de 2023

CARREIRA SAN SILVESTRE

 O vindeiro día 31 de decembro celebrarase na cidade a "SAN SILVESTRE CORUÑA", a carreira popular que pecha o ano e pódese participar a partir dos 5 anos. Se queredes  participar cos peques da casa, en familia, cos amigos.. e despedir o ano dunha forma activa e saudable tomade nota. Aquí tedes a páxina onde podedes facer a inscripción: PÁXINA WEB

ANIMÁDEVOS!!!!



lunes, 13 de noviembre de 2023

ROCÓDROMO DE RIAZOR

 O alumnado de 6º de Primaria visitou o Rocódromo de Riazor, da man de AMI (Agrupación de Montañeros Independientes). Dividimos a actividade en dúas partes: unha de escalada  a unha parede de 16 metros e unha charla na que aprendimos un pouco mais sobre os deportes de montaña (alpinismo, himalayismo, escalada, montañismo, esquí...).

Tamén nos falaron dos diferentes tipos de escalada (en rocha, en xeo, urbana, rocódromo..) e coñecimos diferentes materiais que se empregan nestes deportes (chapas, arneses, cordas, mosquetóns, poleas, cascos, piolet, crampón...)

A Agrupación AMI ten un local con rocódromo na rúa Padre Sarmiento 8, entre a Avenida de Finisterre e o parque de Santa Margarita, por si queredes probar e este é o seu contacto 667967227 e a súa páxina web: https://amimontanismo.es/

 A actividade foi subvencionada pola Deputación da Coruña.

Moitas grazas a Agrupación pola actividade e animádevos a probar!!!!
(Picade na imaxe)



domingo, 12 de noviembre de 2023

MOCHILAS ACTIVAS

 Hoxe saen as MOCHILAS ACTIVAS DE MESOIRIÑO, en Educación Infantil. Trátase dunha iniciativa para promover a actividade física e a lectura en familia. Cada luns un/unha alumn@, levará a mochila para casa e a devolverá o seguinte luns. Na mochila levades un libriño coas instrucións a seguir.

QUE AS DISFRUTEDES!!!!!




jueves, 9 de noviembre de 2023

CARREIRA DE MESOIRO

 Dentro do Circuíto de Carreiras Populares de A Coruña: "CIRCUÍTO CORUÑA CORRE", o vindeiro domingo 26 de novembro terá lugar unha proba en NOVO MESOIRO.

Pinchando no cartaz tedes un enlace coa información do evento.





MOITAS GRAZAS!!!