viernes, 27 de septiembre de 2024

CARREIRA POPULAR CORUÑA 10

 O vindeiro domingo 6 de outubro celébrase na nosa cidade a Carreira Popular Coruña10. Faranse carreiras adaptadas para os nenos/as e serán gratuitas para os menores de 18 anos.

 O prazo para apuntarse finaliza este próximo domingo día 29 de setembro.

Deixamos toda a información nestes enlaces:

 (www.carreirasgalegas.com) (www.coruna.gal/carreiraspopulares/gl/coruna10/carreira-de-menores)




martes, 10 de septiembre de 2024

AS MERENDAS DE MESOIRIÑO

    Queremos darvos a BENVIDA ao curso 2024/2025 e MESOIRIÑO  aconséllavos ter uns Hábitos de Vida Saudables. Para isto seguimos coa proposta de "AS MERENDAS DE MESOIRIÑO" para Primaria.



    A guía pretende reforzar os bos hábitos alimenticios do alumnado a partir de froita, froitos secos, lácteos e bocadillos saudables e evitar alimentos ultraprocesados (por exceso de azucre e graxas saturadas). A bebida máis saudable sería a auga. 

    Esta guía é unha recomendación, NON É OBLIGATORIA e serve para ter múltiples opcións durante a semana e ten como obxetivo ter ao centro educativo como un lugar de ALIMENTACIÓN SAUDABLE. Podedes cambiar de día os alimentos, pero o ideal é traer para as merendas alimentos sans.

     Lembrade a importancia para a nosa saúde do TRIÁNGULO SAUDABLE:

  • Actividade física.
  • Alimentación saudable.
  • Descanso.


jueves, 27 de junio de 2024

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

 O vindeiro domingo 30 de xuño en horario de 11:00 a 14:00 e na contorna de Riazor, o concello de A Coruña celebra o XXXVII DÍA DO DEPORTE NA RÚA.  Haberá máis de 60 disciplinas deportivas. Deixamos un enlace coa información.

                                                               DÍA DO DEPORTE NA RÚA 



miércoles, 5 de junio de 2024

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 O día 5 de xuño conmemórase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e desde o centro propoñemos unha actividade que consiste en realizar xogos reciclados na área de Educación Plástica e Visual, para usar durante os recreos e nas clases de Educación Física.

Pretendemos concienciar ao alumnado da importancia da regla das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar para coidar o noso medio ambiente. 


viernes, 31 de mayo de 2024

PRIMEIROS AUXILIOS 3º E 4º

 Hoxe os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria, tiveron a visita de Lucía, María, Javi e Verónica (enfermeir@s especialistas en Atención Primaria), para dar unha charla de "PRIMEIROS AUXILIOS" e aprendimos a:

  • Chamada ao 112 en caso de emerxencia.
  • RCP (Reanimación Cardio Pulmonar).
  • Maniobra de Heimlich (en caso de atragantamento).
Esperemos que o alumnado aprendera a como actuar nun caso de emerxencia, deixamos unha fotos picando na imaxe.

MOITAS GRAZAS LUCÍA, MARÍA, JAVI E VERÓNICA!!! 




jueves, 30 de mayo de 2024

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2024

  Durante a mañá de hoxe, levouse a cabo na Praza de María Pita o DEFR 2024 (Dia da Educación Física na Rúa). O alumnado de 5º de educación primaria pasou unha xornada de convivencia xunto a outros centros da cidade co obxetivo de dar visibilidade á área de Educación Física e poñer en manifesto a súa importancia a nivel cognitivo, físico e social.

    Este ano  os protagonistas foron os deportes alternativos e fixeron Rosquilla, Twincon e Noqball. Deixamos algunhas imaxes da xornada, picade na foto.  

MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO!!!





viernes, 24 de mayo de 2024

CAMPAMENTO 100TOLOS

   Compartimos a información do Campamento de esgrima do Clube 100Tolos, onde haberá esgrima, tiro con arco, pistolas láser, sables de luz, visitas a museos e moito máis. 

Está orientado para nen@s nados entre 2009 a 2017.